Más de sete mil persoas viron en facebook o anuncio da campaña contra o racismo que foi publicado ademais en sete dos principais xornais galegos. O lema Galegas coma ti
identifica xa a vontade de miles de persoas de combater estereotipos e prexuízos discriminatorios: a diversidade forma parte da nosa realidade e considerámola unha riqueza para o País.
Viraventos e SOS Racismo-Galicia que impulsamos conxuntamente esta iniciativa polo 21 de Marzo, Día internacional contra a discriminación racial, compartimos a satisfacción polo éxito da campaña e agradecemos a colaboración dos diferentes xornais que publicaron o anuncio, das persoas e profesionais que o fixeron posible e de de toda a xente que contribuíu a espallar a campaña nas redes sociais.
Más de sete mil persoas viron en facebook o anuncio da campaña contra o racismo que foi publicado ademais en sete dos principais xornais galegos. O lema Galegas coma ti identifica xa a vontade de miles de persoas de combater estereotipos e prexuízos discriminatorios: a diversidade forma parte da nosa realidade e considerámola unha riqueza para o País.