Viraventos acolleu o martes 24 de febreiro unha das sesións de diagnóstico do Agra do Orzán promovidas polo proxecto Agra Civis. Durante case tres horas, mulleres inmigrantes falaron da súa visión do barrio e os seus usos analizando polo miudo os principais problemas con integrantes do grupo Formacción, un dos programas incluidos no Agra Civis, a iniciativa compartida polas ONGs: Viraventos, Ecos do Sur, Cuarto Sector, Juan Soñador, Manicómicos e Mistura.
A atención centrouse fundamentalmente
nos espazos e as posibilidades de convivencia e o debate, moi participativo, axudounos a coñecer mellor as vivencias, puntos de vista e necesidades dos protagonistas da vida do barrio: as súas veciñas e veciños.
Viraventos acolleu o martes 24 de febreiro unha das sesións de diagnóstico do Agra do Orzán promovidas polo proxecto Agra Civis. Durante case tres horas, mulleres inmigrantes falaron da súa visión do barrio e os seus usos analizando polo miudo os principais problemas con integrantes do grupo Formacción, un dos programas incluidos no Agra Civis, a iniciativa compartida polas ONGs: Viraventos, Ecos do Sur, Cuarto Sector, Juan Soñador, Manicómicos e Mistura.
A atención centrouse fundamentalmente nos espazos e as posibilidades de convivencia e o debate, moi participativo, axudounos a coñecer mellor as vivencias, puntos de vista e necesidades dos protagonistas da vida do barrio: as súas veciñas e veciños.