UN MIGRANTE NA RÚA é unha exposición colectiva itinerante que xorde da colaboración entre Migrantes e Square.
25 fotógrafos interpretan cunha imaxe e cada un á súa maneira, o lema que dá nome ao proxecto. Cada unha das fotografías é apadriñada por unha entidade, que se converte en propietaria da imaxe.
Dende Viraventos non só tivemos o pracer de apadriñar unha desas imaxes, senón que dende o 12 de xaneiro ata o 12 de febreiro a exposición permanecerá na nosa sede, para quen a queira vir a coñecer.
Coma sempre, as portas de Viraventos están abertas!
Migrantes é unha homenaxe á interculturalidade, á pluralidade e á diversidade que nace froito dun interese colectivo pola integración a través da arte, unha experiencia á que se foron sumando afectos, talentos e ganas de traballar. Un grupo que cre na igualdade de oportunidades para todas as persoas e que están dispostas a reproducir esta mensaxe de todas as formas posibles para seguir sumando, sempre dende o positivo, dende o bonito.
Pola súa parte, Square é un espazo xerador e de acollida de iniciativa e proxectos sociais, artísticos, educativos e formativos.