NINGUÉN ATRÁS 2024

NINGUÉN ATRÁS 2024

O proxecto ten como obxectivo desenvolver accións que faciliten a integración social de 60 persoas de orixe migrante en situación ou risco de exclusión social residentes no concello da Coruña e a súa área metropolitana.

Estas accións parten da valoración previa das circunstancias persoais, familiares e sociais das persoas destinatarias, identificando as dificultades e barreiras que afrontan no seu porceso de inclusión e potenciando as súas habilidades, co obxecto de poñer ao seu alcance os recursos precisos para reducir o nivel de vulnerabilidade social á que están a facer fronte.  Para acadar este obxectivo unha vez realizada dita Diagnóse, establecerase un Plan de Acción Individual para cada persoa usuaria que conterá uns obxectivos consensuados con ela  e as actuacións precisas para poder acadalos no prazo de tempo estipulado entre a técnica Social e a persoa usuaria. Ditas actuacións estarán englogadas nas seguintes áreas: formación, saúde, vivenda, servizos sociais e participación cidadá.

Persoas beneficiarias:

  • Persoas migrantes que acrediten documentalmente tal condición ou a súa orixe estranxeira e estean en risco de exclusión social de acordo co establecido nos artigos 3.1 e 3.3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, ou nunha situación de vulnerabilidade derivada da súa condición de migrante.
  • Carencia grave de recursos económicos
  • Situación de desemprego ou subempregada por insuficiencia de horas.
  • Data de entrada en Galicia inferior a un ano
Esta actuación está subvencionada a través da Orde do 27 de xuño (DOG nº 130, de 10 de xullo de 2023)  “Inclusión Social e loita contra a pobreza”
Operación cofinanciada parcialmente co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027 

Obxectivo: Promover a integración socioeconómica dos nacionais de terceiros países, incluidos os inmigrantes  
Resultado esperado: Aumentada a participación das prácticas, dos dereitos e dos recursos sociais que configuran a inclusión social.