ESCALADORES E ESCALADORAS DO BENQUERENZA

ESCALADORES E ESCALADORAS DO BENQUERENZA

Preguntarédesvos: como é isto posible vivindo na cidade de A Coruña onde non hai montañas?, pois ben, esta oportunidade debémoslla agradecer a AMI (Asociación de Montañeiros Independentes  de A Coruña) ca que asinamos convenio recentmente. Esta entidade permítelle a nenas, nenos e adolescentes do proxecto Benquerenza participar tódolos xoves de 16:00 a 17:30h nunha actividade de escalada no rocódromo de Riazor.

Pero isto non é todo, os NNA teñen a  oportunidade de practicar as técnicas de escalada e montañismo aprendidas  nas contornas naturais  máis emblemáticas da nosa xeografía galega. Isto débese a que cada mes a AMI organiza para os escaladores e as escaladoras do  proxecto Benquerenza e outras asociacións, excursións de rutas de sendeirismo.

Unha desas experiencias vivímola o pasado 24 de febreiro onde os NNA xunto con educadoras do programa  puideron gozar das incribles paraxes que nos ofrecen Os Ancares e a súa preciosa ruta dos Tres Bispos. A esta aventura de por si emocionante sumóuselle unha amiga especial : “a neve”, amiga que moitos dos nenos e nenas gozaron por primeira vez, facendo

 

que se convertese nunha xornada de emocións, amizades e experiencias inesquecibles para tódolos asistentes.

 

Queredes ver como o pasamos? botádelle unha ollada as fotos e gozade dese día coma nós!