Viraventos forma parte da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia.

Viraventos forma parte da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia.

O mércores, 11 de abril, constitueuse oficialmente a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, co obxectivo  a protección e promoción dos Dereitos da Infancia recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno de 1989 e impulsar políticas xerais e sectoriais dirixidas a incrementar o benestar da infancia, denunciar e facer seguimento das situacións de vulneración dos dereitos da infancia, así como, sensibilizar á sociedade para o coñecemento e o respecto dos dereitos das nenas e nenos son outras das finalidades do colectivo.

A nova Plataforma de Infancia de Galicia está composta por: AcladAlborada, Aldeas Infantís SOS Galicia, Fundación Amigó, Asociación Abuso e malos tratos infantís NO , Asociación Ansia, Federación ASDE-Scouts, Federación Aspace, Fundación Axuda en Acción, Cruz Vermella, Fundación Diagrama, Fundación Educo, Escola de Tempo Libre Don Bosco, Federación Don Bosco, Instituto galego de xestión para o terceiro sector Igaxes, Federación Marcha Compostela, Fundación Nenos, Fundación Secretariado Xitano, Fundación Terra de homes, Centro Trama, Unicef e Asociación Viraventos.

No acto de presentación estiveron presentes varias autoridades: o Conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, a Concelleira de Políticas Sociais, diversidade, Saúde e Centros cívicos do concello de Santiago de Compostela, o Presidente de Plataforma de Organizacións de Infancia de España.

No marco deste acto Adolfo Lacuesta Antón presentou as «Observacións finais do comité dos Dereitos económicos, sociais e culturais ( DESC) sobre o sexto informe periódico de España», un informe realizado pola Oficina de Alto Comisionado de Dereitos Humanos de Nacións Unidas.