322536581_1175917546376272_3209817976992045444_n

Traballamos o antirracismo en Neda e Friol

O racismo é un dos principais motivos que se oculta detrás dos «delitos de odio» rexistrados en España, e en Galicia tamén. Así parece extremadamente necesario dirixir responsablemente esta nova realidade social para defender os dereitos humanos, promocionar a diversidade, o diálogo intercultural e a loita contra a discriminación.

Este ano estamos a traballar co proxecto May Yaw (Eu son ti),  que pretende dirixir a educación antirracista á mocidade. Este sector é especialmente importante xa que, a pesar de que supón traballar en contra do ambiente predominante, as características deste colectivo facilitan, en maior medida que coa poboación máis adulta, o traballo dirixido a conseguir non só a aceptación das persoas con diferente cultura senón o establecemento dunhas relacións positivas. As experiencias na adolescencia e primeiros anos da vida adulta teñen unha poderosa influencia nos entendementos culturais e poden contribuír a un entendemento e apreciación da diversidade de por vida.

Grazas a este proxecto, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e pola Deputación da Coruña, achegámonos no mes de decembro ao CPI Dr. López Suárez de Friol e ao IES Fernando Esquío de Neda. Falamos con rapazas e rapaces de 12 a 16 anos, sobre os prexuizos  que todos e todas temos sobre África, sobre a súa invisibilización na historia e as consecuencias que ten hoxe en día, sobre o racismo,  o colorismo,… e mil e un tema máis que foron xurdindo na conversa con Silvia, ou como é máis coñecida nas redes sociais Afropoderossa, que dirixiu fantásticamente os obradoiros. Prometemos volver!

 

Compartir artigo en redes sociais
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Viraventos
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Hablamos en WhatsApp
Viraventos

¿Cómo puedo ayudarte?

00:45