ACHEGA 2018-2020

ACHEGA 2018-2020

O novo Proxecto  Mediación Intercultural Comunitaria vaise desenvolver principalmente en 3 barrios da cidade da Coruña (Agra do Orzán, Ventorrillo, Sagrada Familia) con presenza significativa de diversidade cultural, provinte tanto da migración internacional como de procesos de migración interna, e con presenza de minorías (inmigradas) ou autóctonas (pobo xitano etc.).

A actuación despregarase prioritariamente a través de tres alicerces básicos de intervención: o ámbito socioeducativo, o ámbito da saúde comunitaria e o ámbito das relacións cidadás, e sempre coa colaboración da administración pública local. O proxecto ten carácter preventivo e as actuacións vanse dirixir especialmente ao traballo coas familias, e en colaboración cos profesionais que desenvolven o seu traballo coas mesmas.

Esta actuación está subvencionada a través da Orde do 13 de xuño de 2018 de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2018 e 2019 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional),, enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.

Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020)

Operación cofinanciada pola Unión Europea. Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social. O FSE invirte no teu futuro.

ACHEGA: Proxecto de mediación intercultural comunitaria para persoas inmigrantes en situación ou risco de exclusión social, residentes na Coruña ou na súa área metropolitana.

“Proxecto ACHEGA” está cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, Obxectivo temático 9 “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”, para a mediación intercultural comunitaria para persoas inmigrantes en situación ou risco de exclusión social, residentes na Coruña ou na súa área metropolitana.