Recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral
- Fecha:
- diferentes prazos.
- Requisitos:
-
- Para as cualificacións profesionais Atención sociosanitaria a persoas no domicilio e Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, as persoas solicitantes que quedaron nas listas de espera na anterior convocatoria non teñen que presentar nin nova solicitude nin ningunha documentación; só terán que formalizar o pagamento das taxas. A partir do día 15 do mes decembro de 2012, a través da páxina web http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional indicaráselle a cada candidato o lugar, a data e a hora onde terá lugar a súa primeira reunión de asesoramento.
- Nacionalidade española; encontrarse incluído, como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
- Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.
- Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:No caso de experiencia laboral: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificaranse polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.
No caso de formación non formal: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificaranse polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que recollan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas neles.
- O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de Confección e mantemento de artes e aparellos e Servizos para o control de pragas seráa ta o 17-12-2012.
- O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de Socorrismo en espazos acuáticos naturais, Socorrismo en instalacións acuáticas e de Información xuvenil abranguerá desde o 1 ao 31 de marzo de 2013, inclusive..
A Consellería de Traballo e Benestar convoca o procedemento para recoñecer as competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral. Cualificacións profesionais: Atención sociosanitaria, Servizos para o control de pragas, Confección e mantemento de artes e aparellos, Socorrismo e Información Xuvenil.
Instituto Galego das Cualificacións. Dirección Xeral de Formación e Colocación. Consellería de Traballo e Benestar.
Edificio Administrativo San Lázaro
15781 Santiago de Compostela
http://traballoebenestar.xunta.es/
Información:
- Nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
- Nos centros propios de formación profesional ocupacional da Consellería de Traballo e Benestar.
- Na Fundación Galega da Formación para o Traballo.
- No Instituto Galego das Cualificacións.
Publicación: DOG 16-11-2012
Publicado por: http://www.coruna.es/servlet/Satellite?pagename=Nex/Page/Nex-Generica&cid=1207120231244&argIdioma=es&itemID=1353032198869&itemType=Suceso