Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE)
- Data:
- inscrición do 19 ao 30 de abril ás 13:00 horas
- Horario:
- As probas realizaranse no mes de xuño.
- Requisitos:
-
- Con carácter xeral, non estar nin ter estado matriculado/a en ningunha ensinanza do sistema educativo no presente curso académico.
- Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional obxecto da proba.
- Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos de FP (para ciclos medios, ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:
– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico (CM).
– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior (CS), ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico.
Malia o anterior, se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada:
– Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.
- Presentación das solicitudes: no centro onde se imparta o ciclo formativo solicitado en 1º lugar.
- Engadir ó meu móbil
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional da LOE.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Departamento Territorial:
Edificio de Servizos Múltiples, 7º andar
Rúa Vicente Ferrer, 2. 15008 A Coruña
Tel. 981 184 701
Información: Nos CIFP e nos IES onde se imparta a Formación Profesional
Publicación: DOG 16-04-2013