Proxecto Emprende Cultura Gaiás; espazo de cotraballo cultural
- Data:
- Dende o 08/11/2012 ata o 30/12/2012
- Duración:
- Período inicial de seis meses, prorrogable ata un máximo de tres anos.
- Entrada:
- A cantidade establecida como contraprestación do aluguer do espazo de traballo será de 120 euros mensuais, máis o IVE correspondente, e será abonado á Fundación Cidade da Cultura, de conformidade co compromiso asinado polas partes.
- Requisitos:
-
- Os solicitantes deberán pertencer a algún dos seguintes ámbitos dentro das industrias culturais: deseñadores-ilustradores, profesionais da comunicación, escritores-guionistas, editores, representantes e promotores artísticos, produtores, xestores culturais, programación de aplicacións informáticas e proxectos culturais na internet, e aqueloutros con vinculación no emprendemento cultural.
- Poderán admitirse profesionais independentes, ou emprendedores que se atopen en proceso de constitución de autónomos.
- Os interesados deberán presentar unha solicitude dirixida á Axencia Galega das Industrias Culturais seguindo o modelo. A solicitude deberá ir acompañada dunha memoria do proxecto que se pretende levar a cabo, con especial incidencia dos aspectos innovadores que tal proxecto presenta no eido cultural.
A Axencia Galega das Industrias Culturais e a Fundación Cidade da Cultura ofertan o aluguer de espazos de traballo para potenciar proxectos de emprendemento no eido cultural e creativo.
Axencia Galega das Industrias Culturais
Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 99 60 77 / 881 99 60 78
Publicación:
Convocatoria recollida de http://www.coruna.es/cmij/convocatorias/