Prazas nas escolas infantís 0-3 da Consellería de Traballo e Benestar.
- Data:
- Dende o 21/02/2013 ata o 20/03/2013
- Horario:
- Escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar na Coruña, curso 2013-2014. Horario de apertura:
Centro Enderezo Horario de apertura As Mariñas R/ Orillamar, 37. 15002 Das 8.00 ás 17.00 h O Ventorrillo R/ Mosteiro de Caaveiro, 44. 15010 Das 8.00 ás 17.00 h Santa María de Oza R/ Xazmíns-U. Vecinal, 5. 15008 Das 8.00 ás 20.00 h* Elviña Avda. Pablo Picasso, 7. 15008 Das 8.00 ás 17.00 h - Organizada por:
- Consellería de Traballo e Benestar
- Requisitos:
- REQUISITOS: – Que a/o nena/o teña a súa residencia en Galicia e teña nacido no momento de presentación da solicitude. – Idade da/o nena/o: – Ter unha idade mínima de 3 meses na data de ingreso. – Non ter cumpridos 3 anos o 31 de decembro de 2013. NOVO INGRESO: – Para solicitudes de novo ingreso presentarase o modelo oficial (anexo I da Orde). Neste impreso pódese solicitar praza para 2 centros indicando a orde de preferencia. – PROGRAMA CHEQUE INFANTIL: As/os interesadas/os en participar programa Cheque infantil, dirixido a aquelas/es solicitantes que non obteñan praza en ningunha das dúas opcións solicitadas, deberán cubrir a epígrafe correspondente no anexo I da orde. – As solicitudes valoraranse en función dun baremo que terá en conta: situación socio-familiar, situación laboral-familiar, situación económica, etc.
A Consellería de Traballo e Benestar convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas Escolas Infantís 0-3 para o curso 2013-2014. PRAZO PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Do 21 de febreiro ao 20 de marzo de 2013, coa documentación requirida, nos rexistros únicos das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar. Os impresos facilitaranse nos propios centros en que se solicite
praza, nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar e nas webs:http://benestar.xunta.es/ e http://www.escolasinfantis.net/ INFORMACIÓN: Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar CC Elviña, 1ª planta. Rúa Salvadaor de Madariaga, 9. 15008- A Coruña Tel.: 012 / 981 185 755 / 982 294 354 / 988 386 595 / 986 817 704 / 981 545 666 http://benestar.xunta.es/web/portal/portada PUBLICACIÓN: DOG do 20 de febreiro de 2013. Publicado por: http://www.coruna.es/servlet/Satellite?pagename=Nex/Page/Nex-Generica&cid=1207120231244&argIdioma=gl&itemID=1361326588191&itemType=Suceso