nieve

Escaladores e escaladoras do Benquerenza

Preguntarédesvos: como é isto posible vivindo na cidade de A Coruña onde non hai montañas?, pois ben, esta oportunidade debémoslla agradecer a AMI (Asociación de Montañeiros Independentes  de A Coruña) ca que asinamos convenio recentmente. Esta entidade permítelle a nenas, nenos e adolescentes do proxecto Benquerenza participar tódolos xoves de 16:00 a 17:30h nunha actividade de escalada no rocódromo de Riazor.

Pero isto non é todo, os NNA teñen a  oportunidade de practicar as técnicas de escalada e montañismo aprendidas  nas contornas naturais  máis emblemáticas da nosa xeografía galega. Isto débese a que cada mes a AMI organiza para os escaladores e as escaladoras do  proxecto Benquerenza e outras asociacións, excursións de rutas de sendeirismo.

Unha desas experiencias vivímola o pasado 24 de febreiro onde os NNA xunto con educadoras do programa  puideron gozar das incribles paraxes que nos ofrecen Os Ancares e a súa preciosa ruta dos Tres Bispos. A esta aventura de por si emocionante sumóuselle unha amiga especial: “a neve”, amiga que moitos dos nenos e nenas gozaron por primeira vez, facendo

que se convertese nunha xornada de emocións, amizades e experiencias inesquecibles para tódolos asistentes.

Queredes ver como o pasamos? botádelle unha ollada as fotos e gozade dese día coma nós!

Compartir artigo en redes sociais
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Viraventos
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Hablamos en WhatsApp
Viraventos

¿Cómo puedo ayudarte?

12:10