PERFIL REQUIRIDO
Requisitos imprescindibles:
- Titulación universitaria de grao medio ou superior na área das C.C. Sociais, preferiblemente en Traballo Social.
- Experiencia profesional demostrada de a lo menos 2 anos, na execución de proxectos de inserción laboral dirixidos a colectivos vulnerables.
- Coñecementos das ferramentas informáticas: Excel, Word, Powerpoint, Publisher e Internet (redes sociais), páginas web, etc.
- Galego falado e escrito
- Formación en Igualdade de Xénero mínimo de 30 horas.
- Competencias Básicas: Comunicación, Planificación e organización, Orientación ao Logro, colaboración e Compromiso coa Entidade.
- Competencias Transversais: empatía, adaptación ao cambio, iniciativa, flexibilidade, resolución de conflitos, traballo en equipo, xestión de persoas, tolerancia á frustración.
Requisitos valorados:
- Coñecemento sobre a realidade sociolaboral e xurídica do perfil de participantes no proxecto.
- Coñecemento do funcionamento dos Servicios Sociais Comunitarios do Concello da Coruña.
- Coñecemento e manexo da plataforma empregada pola Xunta de Galicia dentro do II Plan Galego de Inclusión Social
- Alta motivación e identificación cós valores propios da entidade e cos fins para os que traballa.
- Sensibilidade e compromiso ético-social
- Experiencia de voluntariado en entidades do sector.
DESCRICIÓN DO POSTO
A persoa seleccionada entrará a formar parte do equipo que executa itinerarios persoalizados de inserción sociolaboral con persoas en situación ou risco de exclusión social, prioritariamente de orixe inmigrante.
Funcións principais:
- Deseño, seguimento e execución das accións de orientación e acompañamento nos itinerarios de inserción profesional personalizados por competencias
- Planificación, xestión e realización de talleres de procura de emprego e sesións grupales.
- Planificación, xestión e realización de cursos de formación en competencias dixitais
- Seguimento e acompañamento nos itinerarios de inserción profesional personalizados.
- Seguimento de persoas participantes.
- Coordinación no desenvolvemento de actuacións co equipo de emprego e intervención social.
- Coordinación externa con axentes do territorio.
- Elaboración de informes, seguimento cuantitativo, formularios e anexos que indique o financiador.
- Dinamización do persoal voluntario adscrito ao proxecto
Localización: A Coruña.
Duración: 6 meses. De outubro de 2016 a marzo de 2017
Xornada laboral: 28 horas semanais.
Enviar CV en formato PDF (SO SE ADMITIRAN CV NESTE FORMATO) a info@viraventos.org, con data límite de inscrición 19 de setembro de 2016.