GRUPOS DE CONVERSACIÓN INTERCULTURAIS EN VERÁN

Inicio / Novas / GRUPOS DE CONVERSACIÓN INTERCULTURAIS EN VERÁN
GRUPOS DE CONVERSACIÓN INTERCULTURAIS EN VERÁN

Organizamos grupos interculturais de conversación en inglés na temporada de verán. As nosas monitoras procedentes doutros países dominan o inglés á perfección, polo que é un bo método para recuperar ou practicar esa «lingua universal» nun ambiente de riqueza e diversidade cultural.

O espazo de conversa intercultural realizarase un día á semana cunha duración aproximada dunha hora e media. As sesións comezarán unha vez haxa un mínimo de 10 persoas inscritas.

Contarase cun servizo de conciliación no espazo da Xogoteca da entidade por se ves cos/as teus fillos/as.

Se che interesa, chámanos ou escríbenos canto antes (aberta proposta de horarios e preferencia de días). Unha vez teñamos formado o grupo contactaremos cas persoas interesadas para realizar a inscrición.

Inscrición: Presencialmente na entidade.

Custo: 20 euros mensuais.

 

Máis info en:

Dirección: R/ Mosteiro de Caaveiro, nº 4, baixo.

Teléfono de contacto: 881 889 460

Mail: info@viraventos.org

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies