RECIBIMOS A VISITA DO ALCALDE

RECIBIMOS A VISITA DO ALCALDE

O pasado venres 11 de xaneiro, o alcalde Xulio Ferreiro, e a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán visitaron a ONG Viraventos,

Aproveitamos esta ocasión para dar a coñecer algunhas demandas do colectivo co que traballamos. É de agradecer o feito de contar con vías de comunicación directa entre o goberno local e as entidades sociais que traballamos a pé de rúa. Sen dúbida o seu apoio reforzará o noso traballo.