No actual contexto socioeconómico están a xurdir novas realidades sociais para as que é preciso desenvolver iniciativas axeitadas e innovadoras que lles den resposta. Isto implica unha oportunidade para os/as emprendedores/as sociais e tamén para as organizacións do Terceiro Sector que están obrigadas a reinventarse.
Por isto, dende a ONGD Viraventos desenvolvimos a «Xornada sobre Emprendemento Social» o pasado 14 de decembro, cós seguintes obxectivos:
- Fomentar o espíritu emprendedor que de respostas axeitadas e innovadoras aos problemas sociais aos que se enfrenta a sociedade.
- Mostrar o emprendemento social como unha ferramenta de cambio social e como unha alternativa profesional con alto valor social.
- Mostrar o emprendemento social como unha alternativa para as organizacións sen ánimo de lucro, para a captación de fondos.
- Orientar ás persoas participantes nas ferramientas precisas para abordar un proxecto de emprendemento social.
Descarga da documentación, Formato Power Point.