Diversión na pista de xeo

Diversión na pista de xeo

Propuxémonos que as nenas e nenos do proxecto Benquerenza aproveitasen todas as posibilidades que nos ofrece o inverno na cidade.

Non podíamos desaproveitar entón a pista de xeo instalada no Paseo Marítimo, e demostrar as nosas habilidades sobre patíns. Sobra dicir, que entre caídas, risas e saltos,  pequenos/as e maiores de Viraventos disfrutamos xuntos dunha divertida e diferente mañá de sábado.

16 persoas, 7 orixes culturais distintos e multitude de risas.

Sen dúbida, un exemplo.