AVENTUREIRAS E AVENTUREIROS EN NATURMAZ

AVENTUREIRAS E AVENTUREIROS EN NATURMAZ

Nenos, nenas e adolescentes do proxecto Benquerenza da ONG Viraventos gozaron dunha xornada de aventura en Naturmaz, Mazaricos.

No mesmo día convertémonos en gandeiros e gandeiras, en expertas e expertos salvando obstáculos  nun circuíto de altura e, para rematar a xornada, practicamos kayak no embalse da Fervenza.

Como gandeiras e gandeiros responsables coidamos ós animais dándolles de comer, peiteándoos, recollendo os ovos, debullando o millo… e sobre todo, dándolles moitos moitos agarimos a Nati, Pepe, Choiva, Kina, Judy, Rayo, Amaia…

Logo de deixar ós animais contentos e ceibos pasamos á aventura, superamos a vertixe e completamos con éxito o circuíto de altura con tódolos seus desafíos…  Ás nenas e nenos de Viraventos non hai nada que se lles resista!

Unha vez que repuxemos forzas, rematamos a xornada aventureira facendo unha pequena ruta en kaiak polo embalse da Fervenza gozando do deporte e da tranquilidade nunha paraxe idílica.

Cal será a próxima aventura?