25 de maio, día de África

Inicio / Asuntos de interes / 25 de maio, día de África
25 de maio, día de África

Cada 25 de maio conmemórase o Día de África, un símbolo da loita de todo o contiente africano para a sua liberación e o seu desenvolvemento, e un día de celebración da unión e a diversidade das culturas africanas.

O 25 de maio de 1963, 32 líderes africanos reuníronse en Etiopía para fundar a Organización para a Unidade Africana (OUA). Esta institución establecía as bases do Panafricanismo, promovendo a unidade e a colaboración entre todos os estados africanos e outorgando ao continente unha voz única que loitase polos seus intereses. O seu obxectivo principal foi a liberación dos países que aínda seguían sometidos polo colonialismo. A OUA conseguiu un gran éxito na erradicación da opresión colonial, sen embargo, o seu papel unificador foise diluíndo. En 2002, a OUA foi sido substituída pola Unión Africana (UA).

O Día de África converteuse nunha festa nacional en moitos países africanos, con todo a celebración está a estenderse por moitos outros lugares do mundo, e isto é así, en parte grazas á diáspora africana. O 25 de maio celébrase a africanidade, o orgullo de pertencer a África, e esta expresión non só inclúe á cidadanía africana e á diáspora senón tamén a todas as persoas que por unha ou outra razón, se senten parte de África.

Sen embargo, o Día de África debe ser tamén un día de reivindicación e de loita. Debe ser un día para reflexionar porque o continente africano segue sendo explotado polos países occidentais, cales son as verdadeiras causas das desigualdades,… Un día para protestar polas discriminacións e as violacións de dereitos humanos contra os africanos/as, tanto nos seus propios países de orixe, como en Europa onde sistematicamente vulnérase o dereito á libre circulación e o acceso ao procedemento de asilo, no caso das persoas refuxiadas.

É por iso que hoxe, e todos os días do ano, debemos reafirmar o noso compromiso con África:

  • Mostrando unha imaxe realista de África, da riqueza sociocultural dun continente inxustamente asociado coa pobreza e o conflito de maneira exclusiva.
  • Expoñendo que a situación económica de África ten causas profundas que van máis aló deste continente e que nos implican a todas e todos.
  • Apelando á sociedade civil a mobilizarse para defender e seguir loitando pola independencia real do continente e polo seu futuro.
  • Pedindo un maior compromiso por parte das institucións e de toda a sociedade na loita contra a discriminación, o racismo e os microracismos.
  • Convidando o intercambio e á convivencia intercultural entre os galegos e as galegas, de aquí e de alí, para axudar a construír o futuro dun pais enriquecido pola súa diversidade.

Cada 25 de maio, é un día reivindicativo e festivo que nos lembra o valor da liberdade, da unión, e da necesidade de loitar para devolverlle a África o protagonismo que se merece.

Convidámosvos a unirvos á celebración do día de África connosco.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies