Stop Deportacións!

Inicio / Novas / Stop Deportacións!
Stop Deportacións!

IMG_20151102_195737142 (1)

Viraventos acolleu o 2 de novembro unha charla do Foro Galego de Inmigración dentro da Semana de Loita contra as fronteiras. Ainhoa Nadia Douahibi do colectivo catalán Tanquem els CIE falou sobre a política represiva destes centros e os voos de deportación. A activista denunciou a colaboración da compañía Air Europa nunhas deportacións que, na súa opinión, non respostan á necesidade regulatoria dos fluxos migrantes, como argumenta o goberno do estado,  senon que perseguen crear unha sensación de ameaza constante entre a poboación inmigrante.

O Foro Galego de Inmigración presentou tamén unha moción sobre este tema aos distintos grupos municipais do Concello da Coruña e organizou o xoves 5 de novembro unha cea solidaria no restaurante senegalés Mamá África.

Ainhoa Douhaibi falará nesta semana en distintas cidades de Galicia. En https://stopdeportacion.wordpress.com pódese seguir a actividade da campaña contra as deportacións.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies