Viraventos renovou o protocolo de colaboración con Médicos do Mundo en materia de defensa do dereito á saude desde unha perspectiva de Dereitos Humanos e Xénero. Ambas entidades colaboran na defensa das persoas que ven vulnerado o seu dereito de acceso á saúde, mediante accións de asesoramento ou formación, entre outras.
Neste contexto, Médicos do Mundo impartíu o 5 de xuño no local de Viraventos unha sesión formativa sobre coidado de menores e dereito á saúde a un grupo de mulleres inmigrantes atendidas en Viraventos que xa recibirán o pasado ano formación sobre Primeiros Auxilios.