Visitounos unha xornalista. Quería coñecer a nosa actividade como parte do seu traballo de formación sobre Xornalismo Social e Cooperación Internacional para o desenvolvemento da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O martes 28 de abril participou no
programa Redes e compartíu coas nosas «redeiras» un debate sobre medios de comunicación. O resultado é esta reportaxe: https://xornalismosocial5.wordpress.com/2015/05/06/unha-tarde-para-tecer-redes-na-agra-do-orzan Redes seguirá xuntando todos os martes de maio mulleres con ganas de participar. Tecendo Redes forma parte do proxecto Agra Civis que compartimos as ONGs: Viraventos, Ecos do Sur, Cuarto Sector, Juan Soñador, Manicómicos e Mistura.