II Semana galega de loita contra as fronteiras

Inicio / Novas / II Semana galega de loita contra as fronteiras
II Semana galega de loita contra as fronteiras

O Foro Galego de Inmigración promove canda outros colectivos e persoas a II Semana Galega de Loita contra as Fronteiras entre o 25 e o 27 de Febreiro, con actos públicos formativos, informativos e revindicativos en A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo.

O Manifesto que se lerá nos diferentes actos pretende, entre outras cousas:

<<Denunciar o carácter represivo e criminalizador da política migratoria española e europea: a brutalidade policial contra as persoas migrantes na chamada fronteira sur, as devolucións sumarias eufemísticamente chamadas «en quente» avaladas pola nova Lei de Seguridade Cidadá, o internamento en Centros de Internamento de Estranxeiros (CIEs) ou as redadas racistas.

Denunciar a terrible realidade dos voos de deportación masiva ou «voos da vergoña».

Denunciar as dificultades de acceso que na Galiza están a ter ás persoas migrantes, mesmo ás comunitarias, aos servizos e prestacións sociais públicas.>>

Actos e Actividades previstas:

A CORUÑA (25 DE FEBREIRO)
Ás 11:30 h Concentración e rolda de prensa diante da Subdelegación de Gobierno (Avda. La Marina, 23, 15001 – A Coruña).

Ás 21:00h charla – coloquio no local da Rúa Marqués de Pontejos, coa activista Ana Fornés e o veciño desta cidada, de orixe nixeriana, Peter Onaghuise, que sufríu a violencia policial de forma directa.

SANTIAGO DE COMPOSTELA (26-27 DE FEBREIRO)
Ás 18:00 h Acto Público, Imaxina unha cidade con fronteiras, na Praza de Cervantes.

Ás 20:00h charla – coloquio na Casa de Xantar A Silveira, Rúa Cardeal Paia , coa activista Ana Fornés e con Leticia Castro Torres do Colexio Oficial de Educador@s Sociais de Galicia.
VENRES 27 DE FEBREIRO:
ÁS 11:00h Concentración e Rolda de Prensa diante da oficina de Viaxes Ecuador (do grupo empresarial de Air Europa), na Rúa do Horreo nº 19. (ao lado da Praza de Galicia).

LUGO (27 DE FEBREIRO)
Ás 18:00 h Concentración e Lecturas antirracista na Praza Maior.

Ás 20:00h charla – coloquio no local Sindical (Ronda da Muralla, nº 58), coa activista Ana Fornés e Randi Montero, coordenador do Foro Galego de Inmigración en Lugo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies