Promovido por Viraventos para facilitar a integración no mercado de traballo das mulleres en situación ou risco de exclusión social e con fillos/as entre 0-3 anos, o proxecto CORUÑA ACTIVA enmárcase no Programa Operativo FSE de Galicia 2007-2013, cofinanciado nun 80% polo Fondo Social Europeo (FSE).
O Coruña Activa pretende desenvolver unha serie de accións que parten da valoración previa das circunstancias persoais e laborais das destinatarias, identificando e potenciando as súas habilidades co obxecto de poñer ao seu alcance recursos formativos e de emprego. Un equipo de traballo realiza sesións de orientación, obradoiros prelaborais de capacitación profesional, realiza mediacións empresariais, promove a participación das usuarias en cursos de formación ocupacional e acompaña en todo o proceso de procura de emprego ás usuarias ata a súa inserción no mercado de traballo galego.
Persoas beneficiarias
Mulleres desempregadas, con fillos/as entre 0 e 3 anos, en risco ou situación de exclusión social residentes na cidade da Coruña e na súa área metropolitana.
Período de execución
O proxecto desenvolvese en 2014 na Asociación VIRAVENTOS, rúa Alcalde Lens 34 1ºC, A Coruña, dende o 1 de agosto ata o 30 de novembro de 2014.
Esta actuación está subvencionada a través da Orde do 25 de abril de 2014 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social. Cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo FSE de Galicia 2007-2013, Eixe 2 e tema prioritario 71, cunha taxa de cofinanciamento do 80 %.