Aula de Formación é un proxecto para a formación en competencias clave de mulleres inmigrantes en situación ou risco de exclusión social, con fillos/as entre os 0-3 anos, enmarcado no Programa Operativo FSE de Galicia 2007-2013, cofinanciado nun 80% polo Fondo Social Europeo (FSE). Actividades formativas: • Curso de iniciación á língua e cultura española. (140 horas) • Curso de iniciación á língua e cultura galega (Nivel Celga 1-Preparación da proba). (120 horas) • Comunicación en língua castelá (Preparación da proba Competencias Clave N2). (120 horas) • Curso de formación en Competencias Dixitais. Nivel básico. (30 horas) • Curso de formación en Competencias Dixitais. Nivel Medio. (60 horas) • Curso de formación en Competencias Dixitais. Nivel Avanzado. (120 horas) • Espazo de garda Persoas beneficiarias: Mulleres inmigrantes desempregadas, con fillos/as entre 0 e 3 anos, en risco ou situación de exclusión social residentes na cidade da Coruña e na súa área metropolitana. Período de execución 2014: 7 de xaneiro ata o 27 de novembro de 2014. Lugar de desenvolvemento: Asociación VIRAVENTOS. R/Alcalde Lens 34 1ºC. 15010 A Coruña Actuación subvencionada a través da Orde do 25 de abril de 2014 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social. Cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo FSE de Galicia 2007-2013, Eixe 2 e tema prioritario 71, cunha taxa de cofinanciamento do 80 %