Xornada sobre Emprendemento social

Inicio / Novas / Xornada sobre Emprendemento social

«Os emprendedores sociais non quedan satisfeitos nin dando un peixe a alguén nin ensinándoo a pescar. Son persoas que non van descansar ata revolucionar por completo a industria da pesca». A frase pertence ao estadounidense William Drayton, presidente da Fundación Ashoka, cuxa traxectoria foi distinguida no 2011 có Premio Príncipe de Asturias de Cooperación.

Para Drayton, os/as emprendedores/as sociais son persoas individuais que ofrecen solucións innovadoras a algún dos problemas sociais máis incitantes. É dicir, persoas que perseguen un fin social pero que utilizan métodos asociados tradicionalmente ao mundo da empresa para lograr o devandito obxectivo.

No actual contexto socioeconómico están a xurdir novas realidades sociais para as que é preciso desenvolver iniciativas axeitadas e innovadoras que lles den resposta. Isto implica unha oportunidade para os/as emprendedores/as sociais e tamén para as organizacións do Terceiro Sector que están obrigadas a reinventarse.

As ONGs estanse a ver gravemente afectadas pola crise: recortes de financiamento público, ERES, etc. Están obrigadas a reformular o seu modelo de funcionamento e financiamento, pasando dun modelo baseado na financiación pública a un máis autosuficiente. É aquí onde o emprendemento social xoga un papel fundamental para asegurar a continuidade do importante traballo realizado polas ONGs.

Obxectivos:

  • Fomentar o espíritu emprendedor que de respostas axeitadas e innovadoras aos problemas sociais aos que se enfrenta a sociedade.
  • Mostrar o emprendemento social como unha ferramenta de cambio social e como unha alternativa profesional con alto valor social.
  • Mostrar o emprendemento social como unha alternativa para as organizacións sen ánimo de lucro, para a captación de fondos.
  • Orientar ás persoas participantes nas ferramientas precisas para abordar un proxecto de emprendemento social.

A quen  vai dirixido:

O curso está dirixido a todas aquelas persoas con vocación social e espíritu emprendedor dispostas a convertirse en axentes de cambio social a través de liderar a posta en marcha e desenvolvemento dun proxecto social sostible.

Modalidade:

– Presencial (R/ Panaderas,12 na Fundación Casares Quiroga)

– Gratuíto

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies