Proxecto Emprende Cultura Gaiás; espazo de cotraballo cultural

Inicio / Asuntos de interes / Proxecto Emprende Cultura Gaiás; espazo de cotraballo cultural

Proxecto Emprende Cultura Gaiás; espazo de cotraballo cultural

Data:
Dende o 08/11/2012 ata o 30/12/2012
Duración:
Período inicial de seis meses, prorrogable ata un máximo de tres anos.
Entrada:
A cantidade establecida como contraprestación do aluguer do espazo de traballo será de 120 euros mensuais, máis o IVE correspondente, e será abonado á Fundación Cidade da Cultura, de conformidade co compromiso asinado polas partes.
Requisitos:
  • Os solicitantes deberán pertencer a algún dos seguintes ámbitos dentro das industrias culturais: deseñadores-ilustradores, profesionais da comunicación, escritores-guionistas, editores, representantes e promotores artísticos, produtores, xestores culturais, programación de aplicacións informáticas e proxectos culturais na internet, e aqueloutros con vinculación no emprendemento cultural.
  • Poderán admitirse profesionais independentes, ou emprendedores que se atopen en proceso de constitución de autónomos.
  • Os interesados deberán presentar unha solicitude dirixida á Axencia Galega das Industrias Culturais seguindo o modelo. A solicitude deberá ir acompañada dunha memoria do proxecto que se pretende levar a cabo, con especial incidencia dos aspectos innovadores que tal proxecto presenta no eido cultural.

A Axencia Galega das Industrias Culturais e a Fundación Cidade da Cultura ofertan o aluguer de espazos de traballo para potenciar proxectos de emprendemento no eido cultural e creativo.

Axencia Galega das Industrias Culturais

Cidade da Cultura de Galicia

Monte Gaiás s/n

15707 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 99 60 77 / 881 99 60 78

agadic@xunta.es

www.agadic.info

Publicación:

DOG: 07-11-2012

Convocatoria recollida de http://www.coruna.es/cmij/convocatorias/

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies