Promovido por Viraventos para facilitar a inserción laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, residentes na Coruña ou na súa área metropolitana.
O Proxecto Coruña Activa pretende desenvolver unha serie de accións que parten da valoración previa das circunstancias persoais e laborais das destinatarias, identificando e potenciando as súas habilidades co obxecto de poñer ao seu alcance recursos formativos e de emprego. Un equipo de traballo realiza sesións de orientación, obradoiros prelaborais de capacitación profesional, realiza mediacións empresariais, promove a participación das persoas usuarias en cursos de formación ocupacional e acompaña en todo o proceso de procura de emprego ata a súa inserción no mercado de traballo galego.
Persoas beneficiarias: Persoas en risco ou situación de exclusión social residentes na cidade da Coruña e na súa área metropolitana. (Atendendo aos criterios que se marcan na Lei 10/2013 do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia).
Esta actuación está subvencionada a través da Orde do 13 de xuño de 2018 de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2018 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional),, enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.




Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020)
Operación cofinanciada pola Unión Europea. Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social. O FSE invirte no teu futuro. Coruña Activa: Proxecto para a inserción laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, residentes na cidade da Coruña e na súa área metropolitana.
“Proxecto CORUÑA ACTIVA” está cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, Obxectivo temático 9 “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”, para a inserción laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, residentes na cidade da Coruña e na súa área metropolitana.