Co pobo palestino

A situación de Palestina foi obxecto de diversas actividades de solidariedade nas que Viraventos participou activamente:

Manifestación “A Marcha das candeas

marcha candeas

Xornadas internacionais “O Berro Silenciado”
Celebradas en 2009 en A Coruña e Santiago coa participación dos ponentes palestinos Madji Shella, Amjad Assi e Hindi Mesleeh e co ponente israelí Meir Margalit.

Exposición fotográfica “Show the soul” do fotográfo palestino Hindi Mesleh.
“Breaking the Silence” Exposición fotográfica en Vigo e Santiago dun centenar de fotografías tomadas por soldados israelíes durante os seus anos de servizo nos Territorios Ocupados canda un vídeo de testemuños da ofensiva “Chumbo Fundido” sobre a Franxa de Gaza que reflicte as prácticas das Forzas de Defensa de Israel (IDF). Contamos para esta iniciativa coa colaboración da AECID, Amnistía Internacional, Circulo de Bellas Artes de Madrid, Demuestra, e a Fundación Araguaney.