El sueño es vida

Actividades pola diversidade no mes de xuño

Sábado, 4 de xuño ás 19.00h, CHARLA “PERSEGUINDO SOÑOS. Historias que inspiran” con THIMBO SAMB na aula 9 do Centro Ágora (Lugar da Av.

Gramela, 17, A Coruña)

THIMBO SAMB, é actor,  youtuber e activista. Nacido en Senegal, creceu en en  Kayer, un pobo de pescadores, pero desde pequeno a súa nai leváballe ao grupo de teatro do pobo, onde ela actuaba. Desde entón tivo claro que quería ser actor. Pescar dáballe diñeiro, pero actuar facíalle feliz e sempre dixo “mentres estea vivo quero ser feliz facendo o que me gusta”. Cando chegou a España con 17 anos a súa idea era non volver pescar senón ser actor e viviu mil penalidades ata acabar participando en grandísimos proxectos, especialmente desde 2012. 

 

Domingo, 5 de xuño ás 18.00h, TEATRO EL SUEÑO ES VIDA con THIMBO SAMB no salón de actos do Centro Cívico Os Mallos (Av. de Arteixo, 147 A Coruña). 

EL SUEÑO ES VIDA é unha peza que ten como pano de fondo a inmigración. O actor protagonista deste drama da vida real, sobrevoa a súa experiencia para suxerirnos un cambio de perspectiva. A historia que conta é tamén a historia de todos nós. A proposta do texto obríganos a entender este monólogo en relación cos grandes dramas da nosa literatura máis universal. O resultado é un traballo espido, honesto e emotivo que o espectador pode completar ao finalizar a representación.

“El sueño es vida” reverte a proposta de Calderón da Barca ao converter os soños na oportunidade de saír dunha vida que é peor que unha prisión. Unha lectura poética e moi persoal sobre a humanidade, un ensaio sobre o desexo e o poder dos soños.

 Ámbas actividades forman parte do noso proxecto TEATRO SOCIAL POLA DIVERSIDADE, financiado pola Fundación Emalcsa e en colaboración con Yarama África.

As prazas son limitadas, polo que é imprescindible que vos apuntedes con anterioridade no formulario: https://forms.gle/WpfQf5xxyccQreuA7

Esperámosvos!

 

Compartir artigo en redes sociais
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Viraventos
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.