241062146_10226038842745440_2798138561314991005_n2

Compartimos mesa coa República Centroafricana

Chegou o día do Obradoiro máis esperado dentro do proxecto A Coruña Aberta ao mundo, o país máis descoñecido por todas e todos nós, a República Centroafricana.

En todo o territorio español non residen máis de 30 persoas orixinarias deste país, polo que contar con Fabién foi unha tremenda sorte, e todo un acerto!!

Fabién naceu e medrou nunha pequena aldea, a súa infancia e mocidade estivo tristemente envolta pola guerra que vive o país, todo isto fixo del unha persoa moi especial, que sen dúbida, non deixa indiferente a ninguén.

Ten unha grandisima capacidade para comunicar, soubo detallar dunha maneira moi clara experiencias vividas moi  duras, e para saltar da dor ao humor, en cuestión de segundos, facendonos rir a gargalladas.

Con todo isto, parecía que a cociña sería o de menos. Sen embargo, agasallounos cun polo con pasta de cacahuete, plátano fritido e para rematar buñuelos de plátano. Imposible facelo mellor!

Coma sempre, grazas!

Compartir artigo en redes sociais
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Viraventos
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.