MUNDO DE CORES
Proxecto de sensibilización preventiva para unha xestión eficaz da diversidade na educación, dende unha perspectiva intercultural e de xénero.
Fase I. 2015-2018.
Creanse ferramentas e desenvolvense actividades destinadas a EDUCACIÓN INFANTIL (de 3 a 6 anos)
Fase II. Ano 2019
Creanse ferramentas e desenvolvense actividades destinadas ao primeiro ciclo de EDUCACIÓN PRIMARIA (de 6 a 9 anos)
Fase III. 2020
Creanse ferramentas e desenvolvense actividades destinadas ao segundo ciclo de EDUCACIÓN PRIMARIA (de 9 a 12 anos)
A base pedagóxica sobre a que traballa Mundo de Cores céntrase na triple discriminación á que se enfrenta unha NENA AFRODESCENDENTE da Coruña: negra, muller, e de familia con orixe migrante.
Dende Viraventos recoñecemos os estereotipos raciais e os estereotipos de xénero como problemas cruzados (interseccionalidade). As nenas negras non só ven afectadas polos estereotipos de xénero, senón tamén polos estereotipos raciais, dunha maneira que as estigmatiza seriamente.