Viraventos reuniuse coa Comisaria Europea de Asuntos Sociais en Bruselas

Home / Novas / Viraventos reuniuse coa Comisaria Europea de Asuntos Sociais en Bruselas
Viraventos reuniuse coa Comisaria Europea de Asuntos Sociais en Bruselas

O 20 de setembro viaxamos a Bruselas cunha delegación galega, impulsada polo BNG, formada por distintos representantes de colectivos sociais e sindicais que loitan en Galicia contra a pobreza e a precariedade.

Mantivemos unha xuntanza cos responsables de Emprego e Asuntos Sociais do executivo comunitario na que puxemos enriba da mesa o profundamente inxustas, cortoplacistas e electoralistas que son as novas políticas europeas anti-inmigración. Explicamos que dende o noso punto de vista, o endurecemento da política migratoria só vai lograr aumentar a irregularidade, a economía mergullada, a segregación e o risco de exclusión social. Un panorama cando menos preocupante, sobre todo, pensando nas dificultades que iso pode entrañar a medio prazo para as novas xeracións.

Ademáis, non quixemos deixar pasar a oportunidade de expoñerlles algunhas liñas de actuación coas que deberían comezar a traballar dende xa:

1)            Introducir maior flexibilidade e facilidades para a renovación dos permisos de residencia por parte de inmigrantes en desemprego

2)            Simplificar os requisitos e axilizar os procedementos de homologación de títulos formativos

3)            Facilitar e incentivar a participación do/as inmigrantes nos programas de formación para o emprego, eliminando barreiras de acceso, como a esixencia de titulación de secundaria.

4)            Eliminar as barreiras ao retorno aos seus países de orixe, permitindo a re-entrada en España.

5)            Desenvolver a lexislación anti-discriminación e incorporar esta cuestión, así como a xestión da diversidade, dentro do ámbito da negociación colectiva e o diálogo social.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies