A proposta pedagóxica do Aprendizaxe-Servizo apunta a mellorar a calidade educativa dos alumnos/as, enfatizando nunha educación para a cidadanía fundada na práctica participativa e o aporte solidario ó desenvolvemento local, puidendo aplicar os coñecementos adquiridos nas aulas ó servizo de necesidades concretas da comunidade.
O pasado 20 de abril levouse a cabo na sede de Viraventos a primeira experiencia de Aprendizaxe e Servizo en convenio ca Universidade de Coruña.
Un grupo de 25 alumnos do Mestrado en Psicopedagoxía presentaron o seu traballo interactivo baseado no conto infantil “Mundo de Cores”, editado por Viraventos e que pretende mostrar a riqueza da diversidade cultural e unha nova xeración de galegos e galegas que manteñen aspectos culturais comúns e outros diferenciados (http://mundodecores.org/).
Un dos recursos educativos presentados, deulle vida ó conto a través da técnica de animación “stop motion”, a cal aparenta o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes sucesivas. Ademáis, co propósito de unir Senegal e Galicia, fan unha comparativa da vida para nenos e nenas de Galicia e Senegal, a nivel escolar, gastronómico, cultural e lúdico, fomentando así a cercanía entre ambas culturas, e, achegando ó mesmo tempo, o xogo e a educación intercultual ás TICs.
A valoración por parte de Viraventos é moi positiva, polo que gustaríanos agradecer á Universidade de Coruña, á mestra Patricia Digón e os/as estudantes, o feito de contar connosco para elaborar esta boa práctica. Parabéns!