Ideamos Mundo de Cores para propiciar a educación intercultural na sociedade galega porque queremos unha infancia enriquecida pola diversidade, capaz de facer un país máis feliz, onde todas as persoas conten. O libro é un instrumento para educar nestes valores e por iso pedimos a túa colaboración para que sexa coñecido e utilizado por moita xente. Diara é unha meniña “senegalega” que nos vai presentando o seu mundo de cores, a súa familia, os seus costumes e tradicións. Un mundo onde a nota predominante é a diversidade con toda a súa riqueza…
Esta primeira edición naceu co apoio económico de moitas persoas anónimas asi que, se compartes estas ideas, apoianos mercando o teu exemplar. Véndese a 9€ (IVE incluido) e os beneficios destinarémolos exclusivamente a novas iniciativas enfocadas a seguir promovendo a aceptación das persoas con diferente cultura e o establecemento dunhas relacións positivas. Mundo de Cores ten ademáis un sitio web con material complementario para facilitar o seu uso didáctico en mans de pais, nais e profesorado: http://mundodecores.org
Puntos de venda
O libro pódese mercar en:
A Coruña: YARAMA ÁFRICA (rúa Entrepeñas 10); Libraria Suévia (rúa Vila de Negreira 32); Libraría ITES (Mosteiro de Caaveiro 4); Xoguetería Hola Caracola (rúa Rianxo 23)
Compostela: Libraría Couceiro (Praza Cervantes); Ferrol: Central Librera (Rúa Dolores 2); Lugo: Libraría Trama (Avda. da Coruña 21);
Allariz: libraría Aira das Letras (rúa Emilia Pardo Bazán).
Vigo: Libraría Versus (rúa Venezuela, 80) e Libraría ITES (Av. Gregorio Espino, 85)
Se queres, pódenolo pedir tamén directamente a Viraventos a través do formulario que atoparás neste enlace: http://mundodecores.org/cuentacuentos.
Moitas grazas pola túa colaboración.