25 alumnas de distintas nacionalidades remataron esta semana as clases en Viraventos. Foron cinco meses de asistencia e aprendizaxe nas que melloraron o seu nivel de español e aprenderon simultáneamente tradicións da cultura galega e informacións úteis para a súa actividade diaria.
O voluntariado resulta imprescindible neste proxecto: foron sete docentes e catro persoas coidadoras para que o coidado dos fillos e fillas non escolarizados non impedise a asistencia das nais a estas actividades formativas.
Viraventos retomará as actividades formativas despois da pausa do verán.