A Asemblea Xeral da Coordinadora Galega de ONGD celebrada o 24 de abril de en Santiago de Compostela aprobou por unanimidade a incorporación de Viraventos. A Coordinadora agrupa máis de 40 entidades que traballan no ámbito da cooperación ao desenvolvemento, a acción humanitaria e de emerxencia, a educación para o desenvolvemento e a incidencia política. Nacida no 1991, como espazo de intercambio e reflexión das ONGD integradas, impulsa a súa acción conxunta na procura da “erradicación da pobreza nun marco de desenvolvemento sostible e de promoción dos Dereitos Humanos, que propugne a eliminación de calquera tipo de discriminación, e que promocione a igualdade entre mulleres e homes”.
A coordinadora promove e defende unha mellora da calidade da cooperación ao desenvolvemento e representa ao sector na interlocución coas institucións públicas e privadas galegas así coma con outras redes sectoriais e coordinadoras autonomicas.
Para Viraventos a incorporación á Coordinadora é unha oportunidade para aprender da traxectoria doutras organizacións, compartir esforzos e ampliar os espazos de intercambio e colaboración con entidades afíns.
Para saber máis: http://www.galiciasolidaria.org
Na foto, un momento da asemblea que aprobou a incorporación de Viraventos