O 21 de Marzo celébrase o Día Internacional contra a discriminación racial e Viraventos lanza unha campaña para promover na sociedade galega unha actitude de acollida e respecto pola diversidade, fundamentada na comprensión do fenómeno migratorio. A defensa dos dereitos que asisten a todas as persoas é consustancial á democracia e require os maiores esforzos da sociedade.
A campaña está sendo posible pola colaboración desinteresada de moita xente. Agradecemos especialmente a participación das protagonistas do anuncio e as súas familias, do deseñador Jorge Bravo e do fotógrafo Xurxo Lobato.
A iniciativa compártese con SOS Racismo-Galicia e estamos a procurar apoios para a súa divulgación. Falamos cos xornais galegos para que colaboren coa inserción gratuita do anuncio da campaña e comezamos o luns 16 a difundilo en facebook e twitter.
Bótasnos unha man? Co teu apoio chegaremos máis lonxe.