Queremos facilitar unha maior comprensión social sobre o fenómeno da inmigración e contribuír á creación de espazos de convivencia que favorezan a interrelación entre os colectivos inmigrantes e os outros sectores da poboación de Galicia, desde unha perspectiva de interculturalidade superadora de prácticas discriminatorias en función da orixe étnica.
Ademais, Viraventos pretende que a xente cuestione a existencia de distintas regras de xogo entre países, esixindo aos seus representantes institucionais un cambio real de políticas e apoiando os procesos de igualdade global contrarios á exclusión e ás estruturas de poder desiguais que afectan ao 80% da poboación mundial.