“Os emprendedores sociais non quedan satisfeitos nin dando un peixe a alguén nin ensinándoo a pescar. Son persoas que non van descansar ata revolucionar por completo a industria da pesca”. A frase pertence ao estadounidense William Drayton, presidente da Fundación Ashoka, cuxa traxectoria foi distinguida no 2011 có Premio Príncipe de Asturias de Cooperación.
Para Drayton, os/as emprendedores/as sociais son persoas individuais que ofrecen solucións innovadoras a algún dos problemas sociais máis incitantes. É dicir, persoas que perseguen un fin social pero que utilizan métodos asociados tradicionalmente ao mundo da empresa para lograr o devandito obxectivo.
No actual contexto socioeconómico están a xurdir novas realidades sociais para as que é preciso desenvolver iniciativas axeitadas e innovadoras que lles den resposta. Isto implica unha oportunidade para os/as emprendedores/as sociais e tamén para as organizacións do Terceiro Sector que están obrigadas a reinventarse.
As ONGs estanse a ver gravemente afectadas pola crise: recortes de financiamento público, ERES, etc. Están obrigadas a reformular o seu modelo de funcionamento e financiamento, pasando dun modelo baseado na financiación pública a un máis autosuficiente. É aquí onde o emprendemento social xoga un papel fundamental para asegurar a continuidade do importante traballo realizado polas ONGs.
Obxectivos:
- Fomentar o espíritu emprendedor que de respostas axeitadas e innovadoras aos problemas sociais aos que se enfrenta a sociedade.
- Mostrar o emprendemento social como unha ferramenta de cambio social e como unha alternativa profesional con alto valor social.
- Mostrar o emprendemento social como unha alternativa para as organizacións sen ánimo de lucro, para a captación de fondos.
- Orientar ás persoas participantes nas ferramientas precisas para abordar un proxecto de emprendemento social.
A quen vai dirixido:
O curso está dirixido a todas aquelas persoas con vocación social e espíritu emprendedor dispostas a convertirse en axentes de cambio social a través de liderar a posta en marcha e desenvolvemento dun proxecto social sostible.
Modalidade:
– Presencial (R/ Panaderas,12 na Fundación Casares Quiroga)
– Gratuíto