O Programa Novas Caras vaise de vacacións, pero antes queremos agradecer as rapazas e rapaces o esforzo realizado ao longo de todo o curso. Deste xeito, preparamoslles unha semana chea de actividades e diversión.
Venres 22 de xuño: Festa de fin de curso en Viraventos
Luns 25 de xuño: Praia do Orzán (A Coruña)- faremos xogos e prepararemos unha merenda.
Martes 26 de xuño: Parque de Aventuras en Marín (Pontevedra)-está formado por 6 circuítos multi-aventura nos que hai que combinar equilibrio, enxeño, forza, destreza e autocontrol para superar distintas probas.
Mércores 27 de xuño: visita ao Centro Municipal de Información Xuvenil da Coruña.
Xoves 28 de xuño: Paintball en Pontedeume (A Coruña)- xogo ideal para liberar todo o estrés acumulado dunha forma divertida. Cada equipo ten marcadores de gas que lanzan bólas de pintura biodegradable.
Venres 29 de xuño: Aquapark de Cerceda (A Coruña)- parque acuático que dispón de piscinas, tobogáns e atraccións divertidas, e para todas as idades.