Sensibilización


ASPACE CORUÑA visita Viraventos

Publicado en: Noticias, Sensibilización | Tags:

A mañá do 1 de febrero foi especial en Viraventos,  un grupo de persoas de ASPACE CORUÑA achegáronse a disfrutar da exposición "UN MIGRANTE NA RÚA", un proxecto organizado dende o colectivo Migrantes e SQUARE Espacio Cultural,  que se expón no noso local dende o 12 de xaneiro ao 14 de febrero. Por suposto, tanto SQUARE Espacio Cultural como Migrantes estiveron con eles/as explicándolles o proxecto e presentándolles a curtametraxe asociada ao mesmo ("UN MIGRANTE NA RÚA" -  https://www.youtube.com/watch?v=qDTMnkWfkYg&t=7s). Días como o de hoxe dan sentido ao proxecto. Grazas  

Leer más

A exposición UN MIGRANTE NA RÚA chega a Viraventos

UN MIGRANTE NA RÚA é unha exposición colectiva itinerante  que xorde da colaboración entre Migrantes e Square. 25 fotógrafos interpretan cunha imaxe e cada un á súa maneira,  o lema que dá nome ao proxecto. Cada unha das fotografías é apadriñada por unha entidade, que se converte en propietaria da imaxe. Dende Viraventos non só tivemos o pracer de apadriñar unha desas imaxes, senón que dende o 12 de xaneiro ata o 12 de febreiro a exposición permanecerá na nosa sede, para quen a queira…

Leer más

Contra a discriminación racial

Viraventos conmemorou o Día internacional contra a discriminación racial levando á Praza das Conchiñas a exposición Galegas coma Ti. Música, baile e diversidade cultural acompañaron na mañá do 19 de marzo representantes do Foro Galego da Inmigración e das Asociacións Domu África e África Universal que se uniron á veciñanza nun encontro que contou tamén con actividades infantís e unha mostra de produtos de Yarama África. Viraventos desexa conseguir a plena aceptación das persoas con diferente cultura e o establecemento dunhas relacións normalizadas e positivas.…

Leer más

Polos dereitos das persoas refuxiadas

O 27 de febreiro miles de persoas manifestámonos na Coruña, Vigo e outras cidades europeas a prol dos dereitos das persoas refuxiadas respostando á convocatoria internacional de distintos colectivos e organizacións reunidos en Bruxelas. O obxectivo desta “Marcha Europea polos dereitos das persoas refuxiadas” foi esixir vías de acceso seguras ao continente para as miles de persoas que cada día se ven obrigadas a cruzar o Mar Mediterráneo e outras fronteiras xogándose a vida, mentres os líderes europeos non fan nada máis que interpoñerlles obstáculos. Podes ver…

Leer más