Noticias


SERVIZO DE MEDIACIÓN INTERCULTURAL- PROXECTO ACHEGA

Proxecto de mediación intercultural comunitaria para persoas inmigrantes en situación ou risco de exclusión social, residentes na Coruña ou na súa área metropolitana. O novo Proxecto  Mediación Intercultural Comunitaria vaise desenvolver principalmente en 3 barrios da cidade da Coruña (Agra do Orzán, Ventorrillo, Sagrada Familia) con presenza significativa de diversidade cultural, provinte tanto da migración internacional como de procesos de migración interna, e con presenza de minorías (inmigradas) ou autóctonas (pobo xitano etc.). A actuación despregarase prioritariamente a través de tres alicerces básicos de intervención:…

Leer más

SERVIZO DE ORIENTACIÓN SOCIOLABORAL- PROXECTO INSERTA CORUÑA

Promovido pola Asociación Viraventos, pretende facilitar a integración sociolaboral das persoas inmigrantes en situación ou risco de exclusión social, residentes na Coruña ou na súa área metropolitana. Estas accións parten da valoración previa das circunstancias persoais e laborais das persoas destinatarias, identificando e potenciando as súas habilidades co obxecto de poñer ao seu alcance recursos formativos e de emprego. Conta para iso cun equipo de traballo que realiza sesións de orientación, obradoiros prelaborais de capacitación profesional, promove a participación das persoas participantes en cursos de…

Leer más

SERVIZO DE ORIENTACIÓN SOCIOLABORAL- CORUÑA ACTIVA

Publicado en: Asuntos de interes, Noticias, Programas | Tags:

Promovido por Viraventos para facilitar a integración no mercado de traballo das mulleres en situación ou risco de exclusión social e con fillos/as entre 0-12 anos. O Proxecto Coruña Activa pretende desenvolver unha serie de accións que parten da valoración previa das circunstancias persoais e laborais das destinatarias, identificando e potenciando as súas habilidades co obxecto de poñer ao seu alcance recursos formativos e de emprego. Un equipo de traballo realiza sesións de orientación, obradoiros prelaborais de capacitación profesional, realiza mediacións empresariais, promove a participación…

Leer más

SERVICIO DE CONCILIACIÓN- XOGOTECA

Viraventos ofrece un servizo de apoio á conciliación para todas aquelas familias que o precisen co obxecto de facilitar actividades formativas ou de busca de emprego. O servizo préstase por profesionais tituladas en educación infantil entre luns a venres, no domicilio do menor ou no espazo lúdico infantil-xogoteca dispoñible na sede de Viraventos. Aténdese preferentemente a persoas participantes en cursos de formación ou en itinerarios de orientación e inserción sociolaboral personalizada tanto de Viraventos como doutras entidades ou servizos sociais. Para unha información máis detallada, chamar ao…

Leer más