Apoio Social

Acollida. En Viraventos ofrecemos Información e Orientación social, asesoramento sobre trámites administrativos, mediación intercultural e unha atención específica a nais e menores de orixe inmigrante.

Servizo de Orientación Sociolaboral. Viraventos ofrece orientación para a inserción laboral de mulleres en situación ou risco de exclusión social, con fillos e fillas menores 12 anos residentes na Coruña e na súa área metropolitana.

  • Itinerarios personalizados de inserción laboral
  • Formación en habilidades sociais para o emprego
  • Orientación e acompañamento social
  • Cursos de español, galego e competencias dixitais

http://viraventos.org/gl/2015/11/la-alegria-de-encontrar-trabajo

Contamos cun servizo de apoio á conciliación para favorecer a participación neste tipo de iniciativas.