SERVIZO DE ORIENTACIÓN SOCIOLABORAL- PROXECTO INSERTA CORUÑA

Promovido pola Asociación Viraventos, pretende facilitar a integración sociolaboral das persoas inmigrantes en situación ou risco de exclusión social, residentes na Coruña ou na súa área metropolitana.

Estas accións parten da valoración previa das circunstancias persoais e laborais das persoas destinatarias, identificando e potenciando as súas habilidades co obxecto de poñer ao seu alcance recursos formativos e de emprego. Conta para iso cun equipo de traballo que realiza sesións de orientación, obradoiros prelaborais de capacitación profesional, promove a participación das persoas participantes en cursos de formación ocupacional, realiza mediacións empresariais e acompaña en todo o proceso de procura de emprego as/os usuarias/os ata a súa inserción no mercado de traballo galego.

Persoas beneficiarias: Persoas inmigrantes en situación ou risco de exclusión social.

 

 

 

Esta actuación está subvencionada a través da Orde do 26 de abril de 2016 de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2016 e 2017(DOG núm.86 do 06/05/2016), enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.

logos