Contra a discriminación racial

Viraventos conmemorou o Día internacional contra a discriminación racial levando á Praza das Conchiñas a exposición Galegas coma Ti. Música, baile e diversidade cultural acompañaron na mañá do 19 de marzo representantes do Foro Galego da Inmigración e das Asociacións Domu África e África Universal que se uniron á veciñanza nun encontro que contou tamén con actividades infantís e unha mostra de produtos de Yarama África.

Viraventos desexa conseguir a plena aceptación das persoas con diferente cultura e o establecemento dunhas relacións normalizadas e positivas. A campaña Galegas coma ti quere promover na sociedade unha reflexión imprescindible, recollida nos textos que acompañan á exposición: “A inmigración non pode considerarse como un fenómeno temporal. Os fillos e fillas das persoas inmigrantes xa non son inmigrantes: son unha nova xeración de galegos e galegas que manteñen aspectos culturais comúns e outros diferenciados, que deben poder exercer con total liberdade”.

Galegas coma ti visitará Oleiros entre o 23 de marzo e o 4 de abril para ir despois ao Milladoiro, no Concello de Ames.

Podes ver fotos do acto aquí:

https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1674660982793712.1073741830.1546997858893359&type=3

Nenas