África en Galicia

A ONG Viraventos abríu na rúa Entrepeñas 10 do barrio coruñes do Agra do Orzán un establemento intercultural especializado na venda de produtos procedentes de África e artigos de educación intercultural, dirixidos non só a diáspora africana senon tamén a todas as persoas interesadas polas culturas e tradicións dese continente.

YARAMA ÁFRICA non é un comercio convencional. A recadación das vendas destínase a apoiar os proxectos da ONG Viraventos en prol da interculturalidade e a xustiza social, favorecendo a inclusión do colectivo inmigrante na sociedade galega.

Compras útiles para diversas necesidades e para a promoción de proxectos de xustiza social
• Alimentación: produtos frescos e conxelados, legumes, especias e condimentos, doces, bebidas…
• Librería: contos educativos, ensaios e literatura africana…
• Xoguetes didácticos: bonecos e monecas representativos de distintas procedencias, xogos de educación en valores…
• Téxtil: wax (teas africanas), camisetas, bolsas de algodón…
• Artesanía: artigos de ornamentación, bisutería, complementos…
• Cosmética e produtos especiais para pel e pelo afro.

Programación cultural e actividades
YARAMA ÁFRICA é tamén un centro de iniciativas culturais, un lugar de diálogo e encontro para descubrir, rachando estereotipos, a orixinalidade e a beleza dun continente inxustamente asociado en exclusiva coa pobreza e o conflito. A programación cultural incluirá, entre outras iniciativas,  debates; proxeccións de filmes e documentais; ou obradoiros de artesanía, música e literatura.

YARAMA ÁFRICA está no barrio coruñés do Agra do Orzán, na rúa Entrepenas 10, Baixo, a un paso da Praza das Conchiñas.

Para saber máis: https://www.facebook.com/yaramaafrica

Tena. A un paso das Conchiñas