Orientación sociolaboral

Viraventos ofrece información e orientación sociolaboral. Diariamente publicamos no noso facebook ofertas de emprego e contamos cun servizo de acompañamento e apoio individualizado a persoas que procuran traballo ou cualificación laboral, cunha atención específica a mulleres con fillos e fillas menores de 12 anos, coas que se realizan actividades de formación, adquisición de competencias e habilidades, ademáis de facilitar o coidado dos menores no tempo adicado pola nai a esas ocupacións.

Se procuras traballo ou asesoramento para sair dunha situación complicada, visítanos na rúa Mosteiro de Caaveiro nº 4, A Coruña.

Para consultar as ofertas de emprego que publicamos: https://www.facebook.com/ongviraventos

Esta actuación está subvencionada pola Dirección Xeral de Inclusión da Xunta de Galicia a través da Orde do 2 de xuño de 2015 de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social (DOG núm.108 do 10/06/2015), enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.

logo Xunta politica sociallogo FSE_inclusión