A exposición UN MIGRANTE NA RÚA chega a Viraventos

UN MIGRANTE NA RÚA é unha exposición colectiva itinerante  que xorde da colaboración entre Migrantes e Square.

25 fotógrafos interpretan cunha imaxe e cada un á súa maneira,  o lema que dá nome ao proxecto. Cada unha das fotografías é apadriñada por unha entidade, que se converte en propietaria da imaxe.

Dende Viraventos non só tivemos o pracer de apadriñar unha desas imaxes, senón que dende o 12 de xaneiro ata o 12 de febreiro a exposición permanecerá na nosa sede, para quen a queira vir a coñecer.

Coma sempre, as portas de Viraventos están abertas!

Migrantes é unha homenaxe á interculturalidade, á pluralidade e á diversidade que nace froito dun interese colectivo pola integración a través da arte, unha experiencia á que se foron sumando afectos, talentos e ganas de traballar. Un grupo que cre na igualdade de oportunidades para todas as persoas e que están dispostas a reproducir esta mensaxe de todas as formas posibles para seguir sumando, sempre dende o positivo, dende o bonito.

Pola súa parte, Square é un espazo xerador e de acollida de iniciativa e proxectos sociais, artísticos, educativos e formativos.

 


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR